top of page

A MIÑA HISTORIA PERSOAL COAS TIC

  • Xulia
  • 4 feb 2016
  • 1 Min. de lectura

O meu primeiro acercamento ás Tic foi na etapa de Educación Primaria cando tiñamos un mestre que nos levaba a aula de informática. Primeiramente ensinounos a usar os programas básicos como o Open Office e o Movie Maker, e avanzamos ata acabar cursando un curso de mecanografía. O mestre explicaba a través do proxector e despois realizábamos a tarefa por parellas. Tamén puidemos aprender un pouco do programa Photoshop.


Xa na ESO, máis concretamente en 4º, tiven a materia de informática e tamén realizamos o mesmo tipo de actividades pero con programas máis avanzados e mesmo chegamos a realizar un cortometraxe. Neste ano tamén escollín a materia de plástica e utilizamos programas de creación de pezas que foron bastante interesantes e realmente divertidos, como o Sketch Up, e aprendimos a utilizar máis a fondo o Photoshop. O mesmo me pasou en primeiro de bacharelato con debuxo técnico. Por último, en segundo de bacharelato, tamén en debuxo técnico, utilizábamos a pizarra dixital para a explicación de todas as actividades. Pareceume bastante interactivo, xa que a profesora case non a sabía usar e podíamos axudala. Durante toda a etapa do instituto estaban presentes en todas as aulas proxectores, aínda que os profesores non os utilizaban moito.

コメント


Featured Review
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Tag Cloud

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

  • Instagram - Black Circle
  • Grey Facebook Icon
bottom of page