A MIÑA HISTORIA PERSOAL COAS TIC
- Sonia
- 4 feb 2016
- 2 Min. de lectura
Bos días lectores!!
Esta é a miña primera entrada do blog e, polo tanto, gustaríame comezar este proxecto contando un pouco a miña historia coas TIC, cando e cómo empecei a utilizalas, xa que precisamente diso trata esta materia (Novas Tecnoloxías).
O meu primeiro contacto coas TIC podería dicirse que comezou no colexio, cando cursaba cuarto de primaria, a pesar de que na casa xa empregara algunha vez o ordenador para xogar. Nel on se fomentaba moito o uso das TIC, polo que a miña relación con elas era bastante escasa. O único momento no que empregabamos ordenadores ou outro tipo de tecnoloxías era na aula de informática (unha vez á semana) na cal dispoñiamos de varios ordenadores a partir dos cales nos ensinaban os contidos básicos, polo que non sabía moito máis que navegar por google e buscar información neste. Nesta clase tamén contabamos cun proxector e unha pizarra dixital que empregabamos as veces para realizar algún xogo interactivo entre todos, que en realidade, era o que máis nos gustaba dela.
Ao chegar á ESO notei que había un maior interese por fomentalas xa que o meu instituto formaba parte do Proxecto Abalar, polo que había varias aulas que contaban cos materiais que se proporcionan nel: varios portátiles, pizarras dixitais e armarios para gardar os equipos, aínda que non os utilizabamos moi a menudo, debido a que os profesores consideraban que perdiamos moito tempo. Notábase que o uso das TIC estaba incorporándose cada vez máis ás nosas vidas, tanto no aula como fóra dela, cos ordenadores, os móviles, as tablets... Desta maneira, o meu coñecemento sobre como empregalas había aumentado considerablemente dado que era imprescindible ter algún modo de conectarse ao internet, para facer traballos, buscar calquer tipo de información ou mesmo para comunicarse mediante as redes sociais.
En xeral, notouse bastante o gran salto que se deu con respecto as TIC, xa que en moi poucos anos houbo unha evolución moi grande e unha necesidade constante de estar conectados á rede, parecendo casi imposible o feito de vivir sen elas.
¡Un saúdo!
Entradas recientes
Ver todoBos días lectoras e lectores! O curso está a piques de rematar e xa temos finalizado o noso informe do proxecto. Para que vos fagades...
Bos días compañeiros e compañeiras! Como ben vos anunciou Sonia, estamos a rematar o noso proxecto facendo unha WebQuest sobre a...