AS OITO INTELIXENCIAS MÚLTIPLES
- Paula
- 4 feb 2016
- 1 Min. de lectura

Como dixemos na presentación do noso blog, a Teoría das Intelixencias Múltiples foi ideada por Gardner o cal era contrario ó paradigma dunha intelixencia única. Gardner afirmou que a vida humana necesita o desenvolvemento de varios tipos de intelixencia. A súa investigación concluíu con 8 tipos de intelixencia.
Cales son as 8 intelixencias múltiples?
1. Intelixencia lingüística-verbal como a capacidade de dominar a linguaxe e poder comunicarse da que falaremos en futuras entradas máis detalladamente.
2. Intelixencia lóxico-matemática como a capacidade para o razoamento lóxico e a resolución de problemas matemáticos.
3. Intelixencia espacial como a habilidade de observar o mmundo e as cousas dende diferentes perspectivas.
4. Intelixencia musical a música é un arte universal isto leva a Gardner a comprender que é outro tipo de intelixencia.
5. Intelixencia corporal como as habilidades motrices que se requiren para manexar herramientas ou emocións.
6. intelixencia intrapersoal como a intelixencia que nos fai comprender e controlar o ámbito interno dun mismo.
7. Intelixencia interpersoal como a intelixencia que nos fai comprender e controlar cousas das outras persoas que van más alá do que os nosos sentidos poden captar.
8. Intelixencia naturalista que permite detectar, diferenciar e categorizar os aspectos vinculados a natureza.
Entradas recientes
Ver todoBos días lectoras e lectores! O curso está a piques de rematar e xa temos finalizado o noso informe do proxecto. Para que vos fagades...
Bos días compañeiros e compañeiras! Como ben vos anunciou Sonia, estamos a rematar o noso proxecto facendo unha WebQuest sobre a...