PRESENTACIÓN DO BLOG
- Alexandra
- 4 feb 2016
- 1 Min. de lectura
¡Benvidos ao noso blog!
Somos alumnas da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra) do primeiro curso do Grao en Educación Primaira.
Creamos este blog na materia de Novas Tecnoloxías, e nel mostraremos o avance do noso proxecto.
O noso proxecto parte da importancia que consideramos que as TIC deberían ter na educación actual, e seleccionamos o eBook como exemplo dun recurso tecnolóxico moi útil a partir do cal tratar o tema que seleccionamos. Consideramos importante o seu uso pedagóxico en educación posto que pode aportar un valor añadido ao proceso de ensinanza-aprendizaxe e promover novas formas de achegarse á lectura, ademais de abrir posibilidades formativas moito máis entretidas, participativas e máis acordes á condición dos nativos dixitais.
O tema será a Intelixencia Lingüístico Verbal, unha das sete intelixencias propostas por Gardner.
Eliximos este tema porque consideramos que é unha competencia que non se traballa adecuadamente, impedindo un bó desenvolvemento das habilidades comunicativas dos nenos e nenas, que son absolutamente indispensables na sociedade moderna.
Esperemos que os guste o noso blog e que encontredes información do voso interese. Subiremos os nosos avances no proxecto, así como outras actividades que temos previstas relacionadas coas TIC.
Un saludo, ¡e grazas por lernos!
Comments