top of page
Buscar

6 CLAVES PARA TRABALLAR AS INTELIXENCIAS NO AULA

  • Sonia
  • 8 feb 2016
  • 1 Min. de lectura

Bos días lectores e lectoras !!


Xa que estamos enfocando o noso proxecto no tema das intelixencias múltipes, hoxe quero aproveitar para deixarvos seis claves que son interesantes para comezar a traballar as intelixencias na aula. ¡Así que, aquí vai!


A aplicación da teoría das intelixencias múltiples no ámbito escolar implica unha maior diversificación das estratexias educativas e dos materiais didácticos e unha maior personalización da ensinanza. Nesta entrada deixamos seis consellos para levalas á práctica no aula.

1. Valorar as intelixencias dos alumnos.

Coñecer que intelixencia predomina en cada alumno permite achegarte mellor a eles. Ao potenciar aquelas que teñan máis desenvolvidas, eles gañarán autoconfianza e será máis fácil traballar con elas.

2. Diversifica os contenidos e as estratexias didácticas.

É importante preparar as clases e diseñar os materiais para traballar todas as intelixencias. Opta por un tratamento trasversal dos contenidos e enfócaos desde distintos ángulos.

3. Innova nas metodoloxías.

Emprega diferentes métodos como a aprendizaxe colaborativa, o traballo por proxectos, a aprendizaxe basada en xogos ou a flipped classroom, xa que permiten desenvolver as intelixencias de manera integral.

4. Aposta pola aprendizaxe activa e real.

Fomenta o aprender facendo. Diseña e busca actividades para traballar todas as intelixencias na cal a aprendizaxe estea relacionada con situacións reais.

5. Emprega as TIC.

As novas tecnoloxías permiten usar múltiples linguaxes, ferramentas e aportes nas clases e desenvolven a competencia dixital nos alumnos.

6. Evalúa desde as intelixencias múltiples.

Propón diversos tipos de actividades, probas e avaliacións para que os alumnos teñan varias opcións para demostrar o aprendido.


Espero que vos resultase de interese.

Entradas recientes

Ver todo
INFORME DO PROXECTO

Bos días lectoras e lectores! O curso está a piques de rematar e xa temos finalizado o noso informe do proxecto. Para que vos fagades...

 
 
 
NOVAS SOBRE A WEBQUEST

Bos días compañeiros e compañeiras! Como ben vos anunciou Sonia, estamos a rematar o noso proxecto facendo unha WebQuest sobre a...

 
 
 
Featured Review
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Tag Cloud

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

  • Instagram - Black Circle
  • Grey Facebook Icon
bottom of page