top of page
Buscar

COLEXIOS INNOVADORES

  • Sonia
  • 17 feb 2016
  • 1 Min. de lectura

Bos días lectores!!!

Fai uns días lin unha noticia que considero de interese para os temas que estamos a tratar e gustaríame compartila con vos. É unha noticia do ABC que fala sobre unha investigación levada a cabo polo investigador español Alfredo Hernando que recolle as metodoloxías máis novedosas empregadas nos colexios de todo o mundo. Nela recóllense os 50 colexios máis innovadores, dos cales, catro son españois.


A pesar de que nun primeiro momento parece unha cifra baixa, temos que ter en conta que son millóns de colexios os que existen en todo o mundo e ter catro españois entre os 50 máis innovadores, é dicir, entre aqueles que están loitando por unha educación mellor e de calidade, é todo un logro.


Entre estes colexios quero resaltar un en especial, o colexio Montserrat de Barcelona, xa que é un colexio completamente innovador que se basea nas intelixencias múltiples e ofrece distintas oportunidades para fomentar cada unha delas mediante unha metodoloxía basada en proxectos para a comprensión de todas as materias. Entre os infinitos métodos e recursos que empregan, gustaríame destacar un en concreto: a robótica por etapas.


Trátase de diferentes robots que se integran nas clases para favorecer as competencias básicas dos alumnos dun xeito moito máis moderno, dinámico e atractivo para eles.


Aquí vos deixo un vídeo para que o poidades comprender mellor.


Se vos pareceu interesante e queredes saber un pouco máis sobre o colexio, deixovos tamén o link da súa páxina: http://www.cmontserrat.org/el-colegio/




Entradas recientes

Ver todo
INFORME DO PROXECTO

Bos días lectoras e lectores! O curso está a piques de rematar e xa temos finalizado o noso informe do proxecto. Para que vos fagades...

 
 
 
NOVAS SOBRE A WEBQUEST

Bos días compañeiros e compañeiras! Como ben vos anunciou Sonia, estamos a rematar o noso proxecto facendo unha WebQuest sobre a...

 
 
 
Featured Review
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Tag Cloud

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

  • Instagram - Black Circle
  • Grey Facebook Icon
bottom of page