SEGUEMENTO DO PROXECTO
- Xulia
- 17 feb 2016
- 1 Min. de lectura
Boas tardes blogueiros e blogueiras!
Estes días tivemos un pouco abandonado o blog debido ao arduo traballo que andamos a facer o grupo en conxunto tras este blogue.
Estas dúas semanas estivemos analizando páxinas web, recursos multimedia, videoxogos e software para elaborar as súas respectivas fichas. Tivemos que buscar en webs institucionais e portais educativos para poder sacar desas páxinas todo o que buscabamos. A verdade é que non nos resultou moi doado xa que temos moi pouco coñecemento aínda dese tipo de páxinas pero non pasa nada porque en breves poderedes consultar as nosas investigacións. Imos avanzando coas fichas e esta semana toca aprender sobre o que é un póster dixital e como empregalo.
A continuación deixámosvos unha serie de links de acceso a algunhas das páxinas que atopamos para que vaiades botando un vistazo.
Entradas recientes
Ver todoBos días lectoras e lectores! O curso está a piques de rematar e xa temos finalizado o noso informe do proxecto. Para que vos fagades...
Bos días compañeiros e compañeiras! Como ben vos anunciou Sonia, estamos a rematar o noso proxecto facendo unha WebQuest sobre a...