CREACIÓN DO VÍDEO
Bos días lectores e lectoras !!!
Hoxe quero anunciarvos un novo traballo que temos entre mans para o noso proxecto. Trátase da creación dun vídeo que faremos a modo de presentación expoñendo os principais puntos a tratar do proxecto. Para facelo máis entretido e que non resulte pesado á hora de velo, empregaremos un programa de animacións para crealo.
Nós eleximos un en concreto xa que nos resultou moi útil e sinxelo de entender, posto que non temos moita experiencia nesto de crear vídeos. O programa que escollemos chámase Animaker e ten a vantaxe de que non hai que pagar para utilizalo.
A pesar de que nós preferimos traballar con este, hai moitas outras posibilidades para facelo. Aquí vos deixo un enlace onde atoparedes diferentes programas:
http://bienpensado.com/12-herramientas-para-crear-videos-animados/
Todos están moi ben, pero os que máis nos gustaron foron Moovly e Powtoon, ademais do noso, claro está! A única pega que lle poño a estes é que son programas de pago e os días de uso gratis son moi limitados, polo que xa non puidemos optar por eles.
Para aqueles que lles interese e se leven mellor coa tecnoloxía, recoméndovos Renderforest que é un pouquiño máis complexo.
E ata aquí a miña entrada, espero que vos servise de axuda! Nos seguiremos traballando no vídeo e en canto o teñamos terminado, subímolo!
Saúdos, lectores!!!