CÓMO FOI A CREACIÓN DO VÍDEO?
- Xulia
- 2 mar 2016
- 1 Min. de lectura
Bos dias blogueiros e blogueiras!
Co vos anunciou Sonia hai uns días, estamos a realizar un vídeo a modo de presentación do noso proxecto.
O programa escollido foi o Animaker e ao principio resultounos un tanto complexo posto que nunca fixéramos un e non sabíamos como funcionaba, e o programa estaba en inglés. O bo é que trae un vídeo tutorial ao principio pero a verdade decidín non velo e investigar por min mesma. Tras a elección deste software estiven facendo unha proba na mesma clase e tras hora e media de pelexa puiden comprender medianamente como funcionaba.
Para a creación comezamos facendo un esquema do que queríamos poñer no vídeo e así ter claro as escenas que ían aparecer. Pouco a pouco foron saíndo as cousas e a medida que pasa o vídeo as escenas son máis complexas e variadas, e isto débese ao incremento do coñecemento no programa.
A verdade é que foi moito máis sinxelo do que pensabamos e aínda queda o remate final pero mañá ou como moito en dous días o teredes no blog. Estamos debatindo as escenas finais xa que teñen que ser as mellores, así que amigos e amigas eredes que gardarvos as ganas de velo!
Anímovos tamén a que probedes a facer o voso e se tendes algunha dúbida de como funciona aquí estaremos para poder solventalas.
Que teñades moi bo día compañeiros e compañeiras!
Un saúdo!
Entradas recientes
Ver todoBos días blogueiros e blogueiras! Como puidéchedes ler no título esta semana rematamos o noso proxecto. Estamos moi contentas co...
Bos días lectoras e lectores! O curso está a piques de rematar e xa temos finalizado o noso informe do proxecto. Para que vos fagades...