NOVA REDE
- 3 mar 2016
- 1 min de lectura
Bos días lectores e lectoras!!!
Téñovos unha boa noticia! Estivemos pensando cal era a mellor forma de dar a coñecer o noso proxecto, e con el, o noso blog, polo tanto, decidimos abrir unha conta en Facebook e Instagram.
A nosa intención ao crear a conta é que máis persoas poidan acceder ao blog e, así, enterarse de todas as actividades que estamos a relizar nesta materia. No Facebook iremos informando dos avances, ao igual que aquí, e poñendo enlaces que permitan aos nosos amigos ser parte deste proxecto. Cremos que é unha boa maneira de abrir novas portas para que o blog non quede reducido únicamente aos nosos compañeiros da clase. Ademais, que se esta materia trata de traballar coas TIC, ¿que mellor forma?
So esperamos que lles resulte interesante, tanto o proxecto como o resto de cousas que aportemos e compartamos, e que se animen a comentar. Nada máis, buscade Educadoras Tic e nos atoparedes ¿a que esperades para agregarnos?
Grazas por lermos e un saúdo!
Comentarios