top of page
Buscar

CUADERNIA

  • Sonia
  • 12 mar 2016
  • 1 Min. de lectura

Bos días lectores e lectoras!!!

Como podedes ver esta semana todas as nosas entradas xiran en torno a un tema: a creación do ebook e as respectivas actividades que introducimos nel. As miñas compañeiras explican moi ben nas súas entradas o proxecto que temos nas nosas mentes e o que queremos conseguir con el. Mais, quizais vos preguntaredes cómo imos a facelo. Pois moi sinxelo! Atopamos un recurso que nos ven ao pelo para poder levar a cabo o noso ebook. Trátase do editor de cadernos online Cuadernia.


Cuadernia é un recurso online que pon a disposición a Xunta de Castilla-La Mancha para a creación de materiais educativos. Éste permite crear ebooks ou libros dixitais a modo de cadernos nos que se poden incluir todo tipo de obxectos multimedia (imaxes, textos, vídeos, escenas, animacións e diferentes actividades...). O seu obxectivo é proporcionar ferramentas TIC para aprender xogando, dunha maneira moito máis visual.


Nós ímonos centrar na creación de actividades, xa que é o que necesitamos para o proxecto. Pero a ferramenta proporciona moitas máis opcións. Desta maneira, podemos realizar varias actividades e, ademais, o seu manexo é moi doado de entender. Algunhas das actividades que ofrece son: crucigramas, sopas de letras, preguntas e respostas breves, puzzles, tangram, actividades de identificación e exploración, rompecabezas e moitas máis. Así que, xa sabedes, se tedes un pouco de curiosidade por saber como funciona, entrade que non custa nada!


Aquí vos deixo o enlace á páxina:

http://cuadernia.educa.jccm.es/


Saúdos e ata a próxima!



Entradas recientes

Ver todo
INFORME DO PROXECTO

Bos días lectoras e lectores! O curso está a piques de rematar e xa temos finalizado o noso informe do proxecto. Para que vos fagades...

 
 
 
NOVAS SOBRE A WEBQUEST

Bos días compañeiros e compañeiras! Como ben vos anunciou Sonia, estamos a rematar o noso proxecto facendo unha WebQuest sobre a...

 
 
 
Featured Review
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Tag Cloud

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

  • Instagram - Black Circle
  • Grey Facebook Icon
bottom of page