PASIÑO A PASIÑO
Bos días compañeiras e compañeiros!
Xa está o proxecto da creación do e-book en marcha! Comezamos a semana pasada co informe e estivemos toda esta semana dándolle voltas á cabeza para propoñer actividades. Estivemos pensando algunhas que tivesen relación coa intelixencia lingüístico-verbal, e ocorréronsenos as seguintes:
- A elaboración dunha web-quest: as web quest son unha actividade motivadora e nova para os alumnos, polo que supón un método de aprendizaxe interactivo e terán maior interese. Nela se incluirá algunha actividade a maiores para traballar esta intelixencia.
-Sopas de letras: é unha actividade divertida para as alumnas e alumnos e ten como finalidade reforzar verbos da primeira, segunda e terceira conxugación.
-Creación de crucigramas: a finalidade de esta actividade é aprender e reforzar vocabulario tanto en galego como en castelán, xa que a intelixencia lingüístico-verbal ten que ver cos idiomas.
- Actividades de comprensión lectora: este tipo de actividades son importantes para aprender a resumir textos e facer esquemas e mapas conceptuais. Está deseñada para que as pequenas e pequenos aprendar a sintetizar textos e saber responder preguntas.
- Linguaxe de signos: este tipo de actividades proporciona ás alumnas e alumnos recursos para falar con nenas e nenos con discapacidade auditiva. Ademáis de que ao ser unha cousa nova tamén aporta motivación ao alumnado.
- Poemas: este tipo de escrita está moi olvidada nos últimos anos polo que propoñemos algunha actividade para traballar con poemas e dar a coñecer esta escrita.
- Frases feitas: en Galicia as frases feitas con unha constante, sobre todo nas persoas maiores e son unha cousa que non queremos que se esqueza. Queremos que o alumnado aprenda algunha frase feita para non perder a tradición.
Estas son algunhas das actividades que desenvolveremos, pero coma sempre, teremos novas cousas que non podemos contar senón o noso proxecto non tería gracia!
Pasade moi bo finde blogueiras e blogueiros, e aproveitade que saíu o sol!