top of page
Buscar

UN POUCO MÁIS SOBRE AS INTELIXENCIAS

  • Xulia
  • 20 mar 2016
  • 1 Min. de lectura

Moi bos días de domingo blogueiras e blogueiros!


Esta semana tráiovos unha nova noticia de prensa que trata sobre a creación dunha nova app que recoñece en que intelixencia destaca ou vai destacar máis cada rapaza ou rapaz. Esta aplicación foi creada por varios centros tecnolóxicos do País Vasco e xa se puxo en marcha nun colexio de Vitoria.


A aplicación consiste nunha serie de preguntas que se lle realizan á rapaza ou o rapaz e segundo as resposta que esta ou este proporcione, destacará máis nas matemáticas que nos deportes, por exemplo. A finalidade desta app é poder proporcionarlle ao alumnado unha maior educación individualizada, potenciando os puntos fortes das nenas e nenos, e poder prestar maior atención naquelas áreas que se necesite.


Aquí tedes o enlace á noticia, espero que vos resulte igual de interesante que me resultou a min.


Temos unhas breves vacacións estes días para pensar máis ideas e ir dándolle forma ao noso e-book. Pese a estas vacación, as miñas compañeiras e mais eu imos seguir informando dos nosos avances ou das nosas dificultades co proxecto.


Un saúdo compañeiras e compañeiros!

Entradas recientes

Ver todo
INFORME DO PROXECTO

Bos días lectoras e lectores! O curso está a piques de rematar e xa temos finalizado o noso informe do proxecto. Para que vos fagades...

 
 
 
NOVAS SOBRE A WEBQUEST

Bos días compañeiros e compañeiras! Como ben vos anunciou Sonia, estamos a rematar o noso proxecto facendo unha WebQuest sobre a...

 
 
 
Featured Review
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Tag Cloud

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

  • Instagram - Black Circle
  • Grey Facebook Icon
bottom of page