top of page
Buscar

CÉSAR BONA

  • Sonia
  • 27 mar 2016
  • 1 Min. de lectura

Bos días lectores e lectoras!!


Xa rematan as nosas vacacións de semana Santa e aproveito agora que teño tempo para compartir con vós un vídeo que atopei nestes días.


É unha entrevista a un docente que seguro coñeceredes moi ben pola importancia que está recibindo últimamente coas súas grandes aportacións á educación, César Bona. Esta entrevista realizada por parte da Universidad Internacional de la Rioja (UNIR) pon o seu foco de interese no seu libro "La Nueva Educación" e trata algúns aspectos que o autor inclúe nel.


O motivo polo que vos propoño este vídeo é moi claro. Como estudantes de educación debemos estar ao tanto das novedades que acontecen neste campo e coñecer, coma neste caso, ás principais figuras actuais que loitan por un novo modelo de educación.


Desde a miña opinión este docente debería ser un modelo a seguir para nós, e polo tanto, creo que debemos coñecer as propostas, así como as súas iniciativas. Sería bo ser un pouco curioso/a e ler o libro ou ver algunha entrevista (das moitas que ten) xa que son bastante interesantes. E aquelas personas que non sepan nada del, que polo menos coñezan un pouco a repercursión que está tendo.


Aquí vos deixo o vídeo, espero que disfrutedes del!



Entradas recientes

Ver todo
INFORME DO PROXECTO

Bos días lectoras e lectores! O curso está a piques de rematar e xa temos finalizado o noso informe do proxecto. Para que vos fagades...

 
 
 
NOVAS SOBRE A WEBQUEST

Bos días compañeiros e compañeiras! Como ben vos anunciou Sonia, estamos a rematar o noso proxecto facendo unha WebQuest sobre a...

 
 
 
Featured Review
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Tag Cloud

© 2023 by The Book Lover. Proudly created with Wix.com

  • Instagram - Black Circle
  • Grey Facebook Icon
bottom of page