top of page

NOVAS SOBRE A WEBQUEST

Bos días compañeiros e compañeiras!


Como ben vos anunciou Sonia, estamos a rematar o noso proxecto facendo unha WebQuest sobre a intelixencia lingüística-verbal. Tras unha toma de decisións difícil, inclinámonos por facela tamén en Wix posto que ofrece moitas máis posibilidades, sabemos como funciona e gústanos máis como é visualmente.


Esta semana estivemos pensando en como estructuralo posto que no noso ebook xa temos suficientes actividades. Para a semana que entra toca usar moito máis a cabeza para a creación de toda a WebQuest, xa que é o último que nos queda para acabar o proxecto.


En canto ao ebook vai vento en popa e pese a todos os problemas que tivemos puidemos solucionalo e xa está a piques de ser rematado. Xa queda pouco para rematar o curso e con el tamén todos os proxectos.


Tende unha pouca de paciencia e xa poderedes ver o resultado final!


Moitas grazas por lernos cada día blogueiros e blogueiras!


Un saúdo!

Featured Review
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Tag Cloud
No hay etiquetas aún.
bottom of page