top of page

PROXECTO REMATADO!

Bos días blogueiros e blogueiras!


Como puidéchedes ler no título esta semana rematamos o noso proxecto. Estamos moi contentas co resultado do e-book posto que a pesar dos moitísimos problemas que tivemos puidemos sacalo adiante con éxito.


Mañá presentaremos o e-book ao resto de compañeiros e compañeiras da clase e os nervios están a flor de pel! É unha pena que non poidamos ensinarvos como quedou o noso proxecto porque entre eses problemillas mencionados está que non fomos capaces de poñelo en formato web. Esperamos que aos nosos compañeiros e compañeiras lles guste o que fixemos e o noso traballo poida verse recompensado.


Este traballo resultou moi enriquecedor posto que a única ferramenta que empregáramos anteriormente foran os blogs. Descoñecíamos por completo softwares para a creación de libros dixitais e xa que están moi de moda, iso tamén incitounos a realizar este proxecto. Ao mesmo tempo esta asignatura resultou tamén enriquecedora como futuras mestras que seremos para aprender a utilizar novos recursos que descoñecíamos e que ao mesmo tempo son interesantes tanto para nós como para os alumnos e alumnas.


E nada máis, esperamos que mañá saia todo ben. Deseádenos sorte!

Featured Review
Vuelve pronto
Una vez que se publiquen entradas, las verás aquí.
Tag Cloud
No hay etiquetas aún.
bottom of page